Santiago de Compostela, España
Gefinancierd op 13 / 08 / 2019
Gecofinancierd!
Ontvangen
€ 6.326
Minimum
€ 2.700
Optimum
€ 5.100
220 Co-financiers
Bijdragen € 5
Apoio ao proxecto + postal + mención como mecenas

Figurarás na lista de mecenas do libro. Como agradecemento, enviarémosche unha postal coa ilustración elaborada por Xoana Almar, de Cestola na Cachola, expresamente para esta publicación.

> 09 Co-financiers
Bijdragen € 16
1 exemplar do libro + mención como mecenas

Recibirás 1 exemplar do libro Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais e figurarás na lista de mecenas.
A recompensa inclúe o envío por correo postal.

> 115 Co-financiers
Bijdragen € 27
1 exemplar do libro + 1 libro Catro Ventos + mención como mecenas

Recibirás 1 exemplar do libro Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais e unha publicación de Catro Ventos a escoller entre as tres seguintes:

  • As mulleres e os homes, do Equipo Plantel e con ilustracións de Luci Gutiérrez
  • Feminismo para o 99 %. Un manifesto, de Cinzia Arruzza, Tithi Bathacharya e Nancy Fraser
  • O sentido do abraio, de Rachel Carson

Así mesmo, figurarás na lista de mecenas.
A recompensa inclúe o envío por correo postal.

> 34 Co-financiers
Bijdragen € 34
1 exemplar do libro + 1 libro Catro Ventos + mención como mecenas

Recibirás 1 exemplar do libro Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais e unha publicación de Catro Ventos a escoller entre as catro seguintes:

  • Biodiversidade, cara a unha sexta extinción masiva, de R. Billé, P. Curry, M. Loreau e V. Maris, coa coord. de S. Huet
  • O libro dos océanos, de Esther Gonstalla
  • Permacultura, unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor, de Alexandre Grande Babarro
  • Transición ecolóxica, de P. Frémeaux, W. Kalinowski e A. Lalucq

Así mesmo, figurarás na lista de mecenas.
A recompensa inclúe o envío por correo postal.

> 23 Co-financiers
Bijdragen € 69
1 exemplar do libro + 1 serigrafía (edición limitada) + mención como mecenas

Recibirás 1 exemplar do libro Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais e unha serigrafía da ilustración elaborada por Xoana Almar, de Cestola na Cachola, para o proxecto. Así mesmo, figurarás na lista de mecenas.

A serigrafía farase a 3 tintas e terá un tamaño de 29,7x42 cm sobre un papel de 35x52 cm.
Trátase dunha edición limitada de 50 serigrafías que irán asinadas pola autora.

A recompensa inclúe o envío por mensaxería.

> 27 Co-financiers
Bijdragen € 115
10 exemplares do libro a un prezo especial + mención como mecenas

Ideal para librarías, tendas, centros de ensino, entidades locais...

Recibirás 10 exemplares do libro Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais a un prezo moi especial e figurarás na lista de mecenas.

A recompensa inclúe o envío por mensaxería.

> 05 Co-financiers

About this project

Publicación do libro colectivo «Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais». Unha idea do equipo Batefogo.
Materiaal Minimum Optimum
Impresión do libro
Gastos de impresión do libro para unha tiraxe de 500 exemplares
€ 2.100
Taak Minimum Optimum
Ilustración
Ilustración elaborada por Xoana Almar de Cestola na Cachola
€ 600
Autorías
Pagamento polas súas achegas ás autoras dos distintos capítulos
€ 2.400
Totaal € 2.700 € 5.100
Noodzakelijk
Additioneel

General information

Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais é unha publicación colectiva que reúne experiencias do activismo e o traballo diario, textos divulgativos e académicos, recursos didácticos, ilustración e poesía para dar o coñecer o papel decisivo das mulleres na prevención dos lumes e a xestión dos montes e do territorio en Galicia e Portugal. Como proxecto colectivo, participan nel o equipo Batefogo na concepción e documentación, diversas autoras nos textos, Cestola na Cachola na ilustración e Catro Ventos na edición.

Belangrijkste kenmerken

Descrición
Ano tras ano, a desfeita anunciada dos lumes toma protagonismo coa chegada do verán. Unha e outra vez falamos dos problemas do rural, do monte abandonado, dos incendiarios, da falta de instrumentos sociais e políticos para lle facer fronte ao problema…
Un día, un grupo de xente decide facer algo: crear un proxecto colectivo baseado na sustentabilidade que aposte pola educación e a participación social, un proxecto que reforce a idea do monte como ben común e que impulse unha xestión participada do territorio.
Xurde así en 2014 o proxecto Batefogo e con el, anos máis tarde, a idea da publicación que aquí vos presentamos.

Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais terá formato de libro impreso e publicarase en outubro de 2019. Parte dunha fórmula de traballo innovadora: incorpora o xénero como tema transversal ao estudo da problemática dos incendios en Galicia.

Levamos xa moitos meses traballando nel. Axúdanos a que sexa posible!

Estrutura
O libro estrutúrase en nove capítulos que abordan distintos aspectos relacionados coa protección dos montes e do territorio, e o papel das mulleres nestes eidos:

  • «Os incendios forestais e a variable xénero: estereotipos de ida e volta», Ana Cabana Iglesia, doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela
  • «O lume coma (di)servizo ecosistémico. Unha ollada en clave de xénero», Beatriz Rodríguez Morales, enxeñeira de Montes pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (USC)
  • «Montes veciñais, mulleres e un ecofeminismo posible», Lara Barros Alfaro, licenciada en Historia pola USC, impulsora de Mulime, proxecto profesional de investigación histórica, recuperación da memoria e dinamización comunitaria, dirixido a comunidades de montes veciñais en man común
  • «Labregas e gandeiras; pasado, presente e futuro do rural», María Ferreiro e Isabel Vilalba, Sindicato Labrego Galego
  • «Monte, casas e lume. Unha aproximación desde a crítica ecofeminista á ordenación do territorio en Galicia», María Novas e Sofía Paleo, proxecto Dexenero [Dexeneroconstrución]
  • «Silvicultura preventiva, sustentable… e violeta?», Rosa Mosquera, doutora en Ciencias Biolóxicas, profesora do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (USC)
  • «Coidados, comunidade e resiliencia antes e despois dos lumes», Lola Ferreiro, licenciada en Medicina e Cirurxía pola USC
  • «A percepción do risco e vulnerabilidade fronte aos incendios», Conceição Colaço, Centro de Ecologia Aplicada Prof. Baeta Neves (CEABN); membro de InBio - Rede de Investigação em Biodiversidade e Biologia Evolutiva; Instituto Superior de Agronomia, Universidade de Lisboa
  • «Educación ambiental e participación social en clave de xénero», equipo do proxecto Batefogo

Abre o libro unha introdución do equipo Batefogo e, multiplicando voces, péchao unha presentación en forma de fichas de diferentes proxectos de Galicia relacionados coa temática: desde o activismo, o traballo diario, o coidado...

Na parte máis artística, o libro inclúe poemas de Andrea Nunes e Celsa Ogando, e unha ilustración de Xoana Almar (Cestola na Cachola).

Advertimos que os títulos de cada capítulo poden sufrir algunha pequena variación.

Características físicas

  • Aprox. 200 páxinas
  • 15,2x21,5 cm
  • Encadernación rústica cosida
  • Impresión interior en B/N
  • Portada e sobrecuberta a 4 tintas
  • Sobrecuberta despregable (aprox. 430x520) coa ilustración de Xoana Almar, de Cestola na Cachola, que é a imaxe de base deste proxecto. Ao sacarlle a cuberta externa ao libro e despregala, atoparaste con esta fermosa lámina (suxeita a pequenas variacións):

Waarom is dit belangrijk

Nunha panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos incendios forestais en Galicia é moi reducida; demasiado…
Fagan memoria das noticias sobre a autoría dos lumes, das imaxes do servizo de extinción, dos comités da administración autonómica ou dos foros de debate sobre os lumes, o ordenamento e a xestión do territorio. É que elas non prenden? Non apagan? Non deciden? Non reflexionan sobre os incendios forestais, as súas causas e consecuencias?
Desde a equipa do proxecto Batefogo levamos tempo facéndonos estas preguntas.
Cando comezamos co deseño do proxecto tiñamos claro que boa parte das solucións á problemática dos incendios estaba no terreo do social. As nosas ferramentas eran, e son, a educación e a participación, e con elas queremos traballar nas comunidades máis directamente afectadas polos lumes, abordar as súas causas estruturais e deseñar colectivamente propostas de actuación.
Por suposto, unha das nosas liñas transversais era o xénero, incorporando na metodoloxía de intervención técnicas e dispositivos educativos e participativos que apostan pola equidade. Porén, sexa por descoñecemento ou por inxenuidade, o traballo sobre o terreo (predominantemente masculino e masculinizado) fixo que as preguntas que antes faciamos fosen tomando cada vez máis forza.
Con este libro queremos comezar a dar resposta a algunhas desas preguntas e mesmo facernos outras que contribúan a implicar cada vez máis persoas, colectivos e entidades na prevención dos lumes forestais. A través da temática dos lumes en Galicia, ábresenos un abano de múltiples puntos de vista desde os que podemos abordalo e que á súa vez nos achegan datos da historia e evolución dos nosos montes, mais tamén da nosa sociedade, abordado desde unha perpectiva diverxente. Cunha mirada multidisciplinar, falamos de prevención de lumes forestais, mais tamén de historia, socioloxía, ciencias ambientais, urbanismo, economía e ecoloxía.

Team en ervaring

O Batefogo é un proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural. O seu deseño é o resultado do traballo agregado dunha equipa multidisciplinar composta por Celsa González Ogando, EnComún Proxectos, S. Coop. Galega, Feitoría Verde, S. Coop. Galega e Miguel Pardellas Santiago.
Desde o ano 2016, en que comeza a súa andaina, o proxecto púxose en práctica no concello de Manzaneda (como proxecto piloto) e na Comarca do Barbanza (nos concellos de Porto do Son, Ribeira, Boiro e a Pobra do Caramiñal). Ademais, tense colaborado na realización de iniciativas puntuais a través de asociacións e comunidades de montes nos concellos de Teo, Ponteareas, Lugo, Marín, Chandrexa da Queixa, Chantada ou Santiago de Compostela.

Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega, é unha cooperativa galega sen ánimo de lucro fundada en 2016 en Vigo e dedicada á publicación de obras en galego que cubran algún ou varios dos eixes temáticos seguintes: ecoloxía, consumo responsable, economía social, dereitos humanos, e crianza e educación alternativas.
Aspiramos a demostrar que principios como a equidade, as condicións xustas de traballo, a sustentabilidade económica e ambiental, a cooperación con outras entidades e o compromiso coa contorna (valores intrínsecos ao cooperativismo) son esenciais para transformar o mundo no que vivimos e avanzar cara a unha sociedade máis xusta. De conformidade con estes principios, a produción completa dos nosos libros faise en Galicia. Ademais, cremos que é esencial facelo en galego, defendendo o uso normalizado da nosa lingua para abordar cuestións de gran relevancia social, económica e ambiental.

Social commitment