O proxecto da Semente Vigo nos medios de comunicación
Levamos quince días de campaña de crowdfunding difundindo por distintas canles o proxecto da Semente Vigo. Nestes días, poidemos comprobar como os apoios de confinanciamento son de diversa natureza e proceden de moitos ámbitos. A implicación de persoas da cultura, da comunicación, da educación, da política e xente a título persoal e anónimo están conseguindo que poidamos soñar con acadar o noso máis grande obxectivo.
Queremos destacar que ditos apoios non se limitan tan só ao plano econónimo, senón que tamén se traducen en mensaxes de ánimo e forza para a Semente Vigo. Este tipo de mensaxes son se cabe tan necesarias como a colaboración financieira, motivan e enchen de ilusión a todo o equipo que está traballando de cheo na escola.
Tedes que saber que a escola comezou a súa andaina na semana pasada e que así o reflectiron diversos medios de comunicación. Deixámosvos os enlaces para que vexades.
Saúde e Educación
Opmerkingen
Inicia sesión para dejar un comentario