IMPORTANTES E NECESARIAS ACHEGAS
Estamos apenas a 8 días de rematar a primeira rolda da campaña de recadación de fondos para a Semente. Estamos satisfeitxs co resultado acadado, se ben aspiramos a que antes de que rematen estes oito días poidamos conseguir os apenas 900 euros que nos restan para chegar ao noso segundo obxectivo. Como vos podedes imaxinar, as necesidades dunha escola destas características que se autoxestiona, e non conta con apoio económico da adminitración pública, son múltiples e variadas. Por este motivo segue a ser importante a colaboración de todas as persoas que crean neste proxecto.
Por outra banda, comentarvos que o proxecto vai estupendamente e neste sentido tedes que saber que xa temos unha extensa programación de actividades de tarde para todas aquelas crianzas e familias que queiran desfrutar de boas actividades nun ambiente agradable e en galego. Bótalle un ollo a ver se hai algunha do voso interese.
Seguimos requiríndovos para que espalledes a campaña entre os vosos contactos para poder acadar este segundo obxectivo e incluso, se é fose posible, superalo e poder ir a por un terceiro.
Moitas grazas!!
Opmerkingen
Inicia sesión para dejar un comentario