As persoas sentímonos identificadas con algo, unha canción, un poema, un lugar, unha fotografía ou mesmo cun prato de comida.
Xa fai moito que botamos a andar neste proxecto (6 anos, nin máis nin menos) e coñecemos a persoas marabillosas que o percorreron connosco e a verdade é que cando paramos e poñemos a mirada atrás pensamos "mereceu a pena"...
En Seteportas fomos crecendo, aprendendo e tendo aventuras inesquecibles mais o que nos emociona é que todos estes procesos se fixeron xuntxs.
Gústannos os retos e, para estes vindeiros meses, propoñémonos un moi grande que, se cadra, o fai máis emocionante. Queremos encher este mundo de cores e de cousas lindas e, queremos comezar por facelo no noso local da Rúa de Home Santo nº29 B, o noso espazo, o noso fogar de agrupamento.
Queremos e soñamos con construir un espazo adecuado para traballar nos nosos proxectos educativos, xogar xuntxs, gardar as nosas prezadas tendas de campaña e, sobretodo, onde medrar.
Podemos facelo dende a axuda mutua, polxs nenxs, pola mellora do proxecto educativo, entre todas imos facer historia engadíndolle COR ÁS SETEPORTAS.
Estamos eternamente agradecidxs ás cofinaciadorxs ata o momento.
COFINANCIA ESTE PROXECTO, IMOS CONSEGUILO💜
BOA ESTRELA ✨