Gefinancierd op 20 / 08 / 2023
Gecofinancierd!
Ontvangen
€ 3.788
Minimum
€ 2.750
Optimum
€ 4.250
92 Co-financiers
Channel
  • Bijdragen € 5

    Amanece que no es poco (José Luís Cuerda, 1989)

    Fans do surrealismo e habitantes do underground. 5€ é unha maneira de dicirnos que queres ver os nosos delirios pero a túa situación é precaria. Adoramos esta recompensa! Faremos esta serie para ti.

    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 5€, Hacienda te devuelve 4€ y tu gasto real es sólo de 1€! Compruébalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Bijdragen € 10

    Monty Python and the Holy Grail (Terry Gilliam, Terry Jones, 1975)

    Led Zeppelin, Pink Floyd e Ian Anderson de Jethro Tull, así como outras compañías discográficas aportaron economicamente á produción do filme pois aínda estaban a proba de calidade para a sociedade e non conseguían cartos. Non é unha casualidade que en vez de cabalos houbese cocos.
    Fans da creatividade e a risa para solucionar os problemas mundanos, aporta 10€ e entrarás no sorteo de:

    • Unhas bragas enmarcadas da poeta galega María Lado, cunha historia delirante que te contaremos nas nosas redes.

    Inclúe entrega en Galiza.
    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 10€, Hacienda te devuelve 8€ y tu gasto real es sólo de 2€! Compruébalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 19 Co-financiers
  • Bijdragen € 25

    The Beatles & A vida de Brian. Life of Bryan (1979)

    Pouco antes de comezar a filmar o que sería unha das obras maestras da comedia na historia do cinema, os produtores decidiron cancelar o filme. Contan que cando se detiveron no guión - este con cancións tipo "Always Look on The Bright Side of Life" a coro de señores apuntalados na cruz- se escandalizaron tanto que se botaron para atrás. Polo que sexa.

    George Harrison, hipotecou a súa mansión e cedeu á película algúns millóns de libras.

    Nós non aspiramos a tanto, aporta 25€:

    • Aparecerás nos créditos da serie.

    • Lévaste un póster dos Delirio Sketchs para pendurar no teu cuarto.

    • Entras no sorteo de dúas láminas pintadas a man polo escritor galego Sechu Sende especialmente para os Delirio Sketchs.

    Inclúe entrega en Galiza.
    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 25€, Hacienda te devuelve 20€ y tu gasto real es sólo de 5€! Compruébalo aquí:https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 16 Co-financiers
  • Bijdragen € 30

    Muchachada Nui (2007-10)

    Innumerables veces temos escoitado "Ogallá volvese Muchachada Nui", "Museo Coconut era o mellor", "A sección Celebrities pasou á historia". Queredes unha serie de sketchs de humor surrealista e delirante en Galiza? Agora a tendes dispoñible por 30,00€, que é unha pasta gansa, pero máis ganso é ter saudades dun produto audiovisual moi mellorable a nivel de perspectiva interseccional.

    • Aparecerás nos créditos da serie.

    • Lévaste un póster dos Delirio Sketchs para pendurar no teu cuarto.

    • Lévaste unha postal adicada do elenco dos Delirio Sketchs.

    • Entras no sorteo dun audio para ti para sempre da activista e poeta galega Andrea Nunes cantándote unha canción.

    • Entras no sorteo do desodorante usado do home máis sexi do planeta terra, o artista drag king afincado en Barcelona, Ken Pollet. Adicado a ti!

    • Entras no sorteo da boneca Wonder Woman de Mai Insua, que está presente no podcast sobre saúde mental, Locayopodcast.

    • Entras no sorteo dunha entrada de balde ás actividades da inauguración de CRU (concertos, palestras, proxeccións).

    Inclúe envío a España.
    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 30€, Hacienda te devuelve 24€ y tu gasto real es sólo de 6€! Compruébalo aquí:https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 15 Co-financiers
  • Bijdragen € 50

    Girls (Lena Dunham, 2012)

    E agora algo completamente diferente. Unha muller facendo comedia!

    Para quen non vise esta serie traxicómica dirixida por Lena Dunham para HBO para nós en CRU é un must de xenialidade feminina.
    (O de feminina é intencionado).

    Se aportas 50,00€ aos Delirio Sketchs:

    • Aparecerás nos créditos da serie.

    • Lévaste un póster dos Delirio Sketchs para pendurar no teu cuarto.

    • Lévaste unha postal adicada do elenco dos Delirio Sketchs.

    • Poderás acceder á serie online en primicia unha vez sexa a súa estrea oficial.

    • Podes aparecer na gravación en estudo da canción dos Delirio Sketchs (e cantar se te apetece).

    • Quedarémonos co teu nome para xulgarte positivamente e que nos caias xenial.

    • Entrarás no sorteo de unha crítica pormenorizada, sobre o que ti queiras, realizada pola influencer galega todomal.va que a subirá ás súas redes para a posteridade.

    • Entrarás no sorteo dun audio exclusivo do educador e pensador, queer e asturianu, Ivan Gombel, filosofando sobre o tema que ti escollas.

    • Entrarás no sorteo das mallas de remo enmarcadas, do comunicador e youtuber galego Olaxonmario, cedidas especialmente para os Delirio Sketchs e adicadas a ti.

    Inclúe envío a España.
    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 50€, Hacienda te devuelve 40€ y tu gasto real es sólo de 10€! Compruébalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 15 Co-financiers
  • Bijdragen € 100

    Kajillionaire (Miranda July, 2020)

    Non saber pronunciar está ben.

    Non entender está ben.

    Non saber algo está ben.

    Para nós esta película de Miranda July é unha balada triste e absurda ao capitalismo. Onde a danza contemporánea e o humor se unifican para que dúas mulleres se amen lindo.

    Ogallá persoas que non teñan problemas económicos neste momento (homes mulleres n/b whatever) queiran apostar polo amor, devolvernos a fe na humanidade. Se achegas 100,00€ no noso Goteo pasará o seguinte:

    • Choraremos.

    • Aparecerás nos créditos da serie.

    • Lévaste un póster dos Delirio Sketchs para pendurar no teu cuarto.

    • Lévaste un pack de postais adicadas do elenco dos Delirio Sketchs.

    • Podes aparecer na gravación en estudo da canción dos Delirio Sketchs (e cantar se te apetece).

    • Poderás acceder á serie online en primicia unha vez sexa a súa estrea oficial.

    • Podes sair na serie.

    • Podes quedar á cea coa equipa da serie en plan voyeur (e cear de balde).

    • Podes campar ás túas anchas por todas as actividades da inauguración de CRU como unha señora ricachona nun buffet de almorzo dun camping das rías baixas.

    • Entrarás no sorteo dunha xoia ou complemento do influencer galego con máis style, flow e talento para a moda do momento, @cessarg.

    • Entrarás no sorteo dun lote de libros da editorial máis underground de Vigo: Edicións Malafera. O lote contén o libro Baliza e os fanzines Urda, Berro Interno, Grimorio, Perfect Blue e máis. Engádese ademais unha tote bag co deseño monstroso da poesía quimérica e unha ilustración en A3 de Lagharta Ilustra para colorear.

    Inclúe envío a España.
    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 100€, Hacienda te devuelve 80€ y tu gasto real es sólo de 20€! Compruébalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 07 Co-financiers
  • Bijdragen € 250

    Pink Flamingos (John Waters, 1972)

    Cun 5 raspado en Filmaffinity, somos fans desta atrocidade trash que nunca pasa positivamente o ollo da crítica. Onde o monstroso é monstroso e non existe edulcoración para o ollo, que observa unha catarse de elementos vomitivos.

    Nunca a vimos enteira porque non conseguimos, pero nos encanta que exista.

    Esta recompensa, está pensada para aquelas persoas que non están seguras de que unha serie como os Delirio Sketchs lles vaia a facer rir, pero queren apoiarnos, porque saben que é importante que existan.

    Dalle sustento a unhe artista underground de confianza, con 250,00€

    • Aparecerás nos créditos da serie.

    • Lévaste un póster dos Delirio Sketchs para pendurar no teu cuarto.

    • Lévaste un pack de postais adicadas do elenco dos Delirio Sketchs.

    • Poderás acceder á serie online en primicia unha vez sexa a súa estrea oficial.

    • Podes aparecer na gravación en estudo da canción dos Delirio Sketchs (e cantar se te apetece).

    • Podes sair na serie.

    • Podes quedarte á cea coa equipa da serie en plan voyeur (e cear de balde).

    • Podes campar ás túas anchas por todas as actividades da inauguración de CRU como unha señora ricachona nun buffet de almorzo dun camping das rías baixas.

    • Lévaste un audio exclusivo cunha copla personalizada para ti realizada polo artista e activista galego O Rabelo.

    • Lévaste un cortaventos de CRU.

    • Lévaste unha camiseta de CRU, edición técniques 2023.

    • Lévaste un obradoiro de drag impartido polas artistas Meiga-i e Nenaza (Javier Sánchez e Laura Merchan) para ti e para quen ti queiras!

    Inclúe envío a España.

    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 250€, Hacienda te devuelve 155€ y tu gasto real es sólo de 95€! Compruébalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 03 Co-financiers
  • Bijdragen € 500

    Matilda (Dani Devitto, 1996)

    Dani Devitto dirixiu Matilda cando a súa filla tiña a mesma idade.

    Ante todo debémonos ás persoas que nos coidan e que nos queren e é para estas que facemos os nosos filmes.

    Cando pensamos que podería facer rir, pensamos na xente que coñecemos, persoa por persoa. É por iso que Devitto dirixiu e coprotagonizou esta comedia mítica coa sua muller Rhea Perlman, a nai de Matilda no filme. Para a súa propia filla Lucy.

    Matilda foi un fracaso de recadación e aínda así é un dos filmes máis prezados dos noventa. Temos a certeza de que para Lucy é a mellor.

    Esta recompensa é para aquelas persoas que coñecéndonos ou non, nos queren ben, queren apoiar un proxecto drag, travesti, lgtbiqa+ desviado, camp, algo trash e moi amoroso.

    • Aparecerás nos créditos da serie.

    • Lévaste un póster dos Delirio Sketchs para pendurar no teu cuarto.

    • Lévaste un pack de postais adicadas do elenco dos Delirio Sketchs.

    • Poderás acceder á serie online en primicia unha vez sexa a súa estrea oficial.

    • Podes aparecer na gravación en estudo da canción dos Delirio Sketchs (e cantar se te apetece).

    • Podes sair na serie.

    • Podes quedarte á cea coa equipa da serie en plan voyeur (e cear de balde).

    • Podes campar ás túas anchas por todas as actividades da inauguración de CRU como unha señora ricachona nun buffet de almorzo dun camping das rías baixas.

    • Lévaste un cortaventos de CRU.

    • Lévaste unha camiseta de CRU edición técniques 2023.

    • Lévaste un obradoiro de drag impartido polas artistas Meiga-i e Nenaza (Javier Sánchez e Laura Merchan) para ti e para quen ti queiras!

    • Entras no sorteo dunha fantasía feita realidade: que unha das escenas delirantes que imaxines a fagamos realidade en CRU incluíndoa no guión e levándoa á pantalla.

    Inclúe envío a España.
    Esta aportación desgrava en la declaración de la Renta. Donando 500€, Hacienda te devuelve 242,5€ y tu gasto real es sólo de 257,5€! Compruébalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal*

    > 00 Co-financiers

About this project

Escríbese sketchs pero dise sketches. Unha serie de humor surrealista, intenso e trash.

Behoeften Infrastructuur Minimum Optimum
Produción audiovisual do 1º capítulo
Tarefas de produción do 1º capítulo 10' de duración "A problemática base do territorio".
€ 1.500
Equipo técnico e posprodución 1º capítulo
Parte do equipo técnico e posprodución do 1º capítulo 10' de duración "A problemática base do territorio".
€ 1.000
Comisións Goteo y PayPal
As comisións de prestación de servizos de Goteo e de transacción, que suma un 10% do total € 254.
€ 250
Música 1º Capítulo
Estudo de gravación para unha canción do 1º Capítulo (B.S.O. O Rabelo, Petrowski, High Paw).
€ 250
Persoaxes que cobran vida 1º Capítulo
Actuacións de Mercedes Pezón e Tamy para RR.SS.
€ 250
Distribución e difusión
Campañas e difusión do 1º capítulo.
€ 200
Creación Motiongraphics de Muller 6 Ollos
Deseño e fx para o 1º capítulo
€ 300
Behoeften Materiaal Minimum Optimum
Material departamento de cámara 1º Capítulo
Alugueiros.
€ 500
Totaal € 2.750 € 4.250
Noodzakelijk
Additioneel

General information

"Dado que o elenco non é profesional está bastante ben"
Grials

"No lo entiendo"
Carlos Voyeur

"Recargado e efectista"
New York Fines

"Definitivamente el ritmo del cine se ha perdido"
Hologramas

"É como si os frikis da clase conseguisen cartos públicos"
A Quinta Parede

"Latinismo Latinismo Esdrúxula"
Libretas de Cine

Os Delirio Sketchs, son cinco capítulos camp e trash de entre dez e quince minutos de duración, cargados de intensidade e humor febril, nos que se abordan desde o surrealismo e o delirio máis intelectualizado diferentes problemáticas que afectan a nosa sociedade. No primeiro capítulo “A Problemática Base do Territorio” centrámonos na falta de referentes culturais propios e as consecuencias que isto ten para a sociedade galega. Diferentes xanelas de conflicto representadas por irreverentes sketchs. Cunha mistura de coreografías, cancións, reportaxes e momentos estelares de “famoseo underground galego” os sketchs funcionan como parte dun todo e son diferentes espellos, do caleidoscopio que é a nosa realidade como persoas galegas.

Nós non conseguimos imaxinarnos unha escena musical sen drags e travestis, ti si?

CANTOS CAPÍTULOS QUERES VER?

  • Os cartos irán para financiar o primeiro capítulo. Os cartos irán destinados a salarios, material técnico, desprazamentos e dietas, campaña de difusión, deseño gráfico, estudo de son, gastos derivados da propia campaña de Goteo...

  • Se se consigue tres veces máis do que se require, sacamos tres capítulos. Aquí sairá ademais, un EP de tres cancións para que non caia no esquecemento este delirio.

  • Se se consigue moito máis, sacamos a serie enteira (cinco capítulos).

Polo dagora, Mercedes Pezón e Tamy xa van divertíndonos na nosa conta de Instagram, @delirio_sketchs, non te perdas os tutoriais, as seccións como "saber estar", recomendacións de cine e moito máis!

Belangrijkste kenmerken

CARACTERÍSTICAS

  • Nos Delirio Sketchs chamaremos a actuar a diferentes persoas importantes da cultura galega dixital pop e underground que consideramos que merecen representación audiovisual.

  • Todo o equipo técnico e artístico formamos un mesmo lugar de cultura, que ten as mesmas características -variadas e diversas- que o do público. Creamos un espazo de identificación, un lugar onde atoparnos como persoas galegas desde o humor e o entretemento.

  • Produciranse cancións pegadizas propias dos sketchs (incluso un EP se chegamos ahí) así como se promocionarán outras da #crucrew participante e deste star system de famoseo underground galego a modo de banda sonora.

  • Crearanse coreografías icónicas.

  • Deixaremos escenario para todes.

OBXECTIVOS

  • A risa.

  • A risa outra vez.

  • O que se pretende conseguir na audiencia é a proximidade de cara as persoas referentes da cultura galega na contemporaneaidade e axudar a súa difusión.

  • Promover o acceso ao universo audiovisual ás persoas LGTBIQA+ tanto na equipa técnica como na artística.

  • Ofrecer un contido fresh nunha industria de dinosaurios.

  • Sacar o primeiro capítulo.

  • Se se consigue tres veces máis do que se require sacamos tres capítulos.

  • Se se consigue moito máis do agardado sacamos a serie enteira (cinco capítulos).

crucrew2.jpeg

Waarom is dit belangrijk

Presentados pola drag pandereteira Meiga-i, interpretando entre otras personaxes a Mercedes Pezón, unha señora amargada que se pasa a vida na televisión, nunha longa homenaxe aos Monty Python co seu Flying Circus e Meaning of Life; os Delirio Sketchs misturan musicais sobre a realidade máis sanguenta protagonizados por travestis galegas, escenas costumbristas cargadas de retranca, coreografías, reportaxes de rúa infantís exclusivamente a persoas menores de seis anos e anuncios publicitarios de realidades paralelas. Os Delirio Sketchs funcionan como un catalizador surrealista e febril da sociedade galega. Conteñen múltiples temáticas que son as diferentes cosmovisións deste lado do planeta.

Que audiencias son estas ás que nos diriximos? Cal é o “somos” conxunto?
Os Delirio Sketchs chegarán ás audiencias adolescentes/teen e persoas novas en xeral. Pensamos que é posible que exista certo corte de xénero no target: mulleres e persoas do colectivo LGTBIQA+ en porcentaxe maior que homes. Debido á elección da estética drag, ás personaxes andróxinas e a hibridación de xéneros pensamos que é posible que isto aconteza. Por outra banda non se descarta chegar a mulleres e persoas do colectivo LGTBIQA+ maiores de 35 anos. E a homes cis hetero que lles encante a fantasía, que os hai. Os hai!

Team en ervaring

AS PERSOAS QUE IMPULSAN CRU

CRU Producións Sociedade Cooperativa Galega que nace cuns valores sociais acoutados á unha vontade de transformación perante a grande eiva democrática que constitúe a desigualdade de xénero. Antes de facer un ano da creación de CRU xa gaña o 1º Premio Provincial da Xuventude 2022 á Mellor Iniciativa Empresarial outorgado pola Deputación de Pontevedra.

Bea Saiáns (Vigo, 1991) é graduada en Comunicación Audiovisual (UVIGO, 2016), e especializada en Xénero e Comunicación (UAB, 2018) e formada tamén a través de residencias La Plantación con Víctor Erice, Pedro Costa, Joan Fontcuberta, Carla Simón. Ten dirixido varias curtametraxes así coma vídeos musicais. Co vídeo musical Ratatá de O Rabelo accede aos XXI Premios Mestre Mateo na categoría a Mellor Videoclip e á Sección Oficial do Festival de Cans (2023). Traballa para diversos xornais como fotógrafa como O Salto ou Eldiario.es. Recentemente foi gañadora da I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA, a Asociación de Mujeres
Cineastas y de Medios Audiovisuales. É creadora e directora da serie en preprodución Régimen sobre TCA e gordofobia, que gañou a beca de montaxe de LaBonne (Barcelona, 2022) e que neste momento se atopa en desenvolvemento no programa AGAPI COPROS.

Iris Justo (Verín, 1995) é graduada en Comunicación Audiovisual (UBU, 2017), e especializada en Cámara e Iluminación (Septima Ars, 2021). Ten realizado varias pezas documentais como A memoria da raia (2018), Benposta, escuela de circo (2020), Arraigadas á terra (2020), Faro Violeta (2021) e Cre, crea e crece (2022). Forma parte do departamento de cámara e iluminación de varias curtametraxes, spots e pezas documentais como Entroidar (Pablo Ces, 2019), Julia (Víctor Martínez, 2022) , ¿No loves? (Javier Lozano, 2021) e Valentín 1989, (David Hebrero, 2022). Leva a cabo a dirección de fotografía da película El Tirabeque (Darío Autrán, 2022) coa que accede á candidatura nos XXXVII Premios Goya na categoría de Dirección de fotografía. Traballa no ámbito da fotografía e vídeo ademais de no departamento de produción de produtoras e festivais galegos como o Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín. Adícase a levar a comunicación de eventos na Galiza como é o caso festival Extruga na rúa.

EQUIPO TÉCNICO DOS DELIRIO SKETCHS:

PRODUCIÓN

AUX. PRODUCIÓN: SORAYA VILELA (Vilardevós, 1994) Estudou realización audiovisual e de espectáculos e Produción audiovisual e de espectáculos na Escola Audiovisual de Vigo. Dentro do seu curriculum profesional podemos atopar entre outros, dende festivales como o festival de Cans (Porriño), festival da Luz en Boimorto,como a participación en series tales como Serramoura ou Método Criminal, un amplo abano de curtametraxes ou a intervención na película Un hombre de acción para Netflix.

GUIÓN E DIRECCIÓN: BEA SAIÁNS

DOP: IRIS JUSTO

SCRIPT: AIDA TORRADO LAMAS (Vilagarcía de Arousa, 1994) É técnica superior en iluminación, captación e tratamento da imaxe polo I.E.S. Audiovisual de Vigo, así como técnica en Video Disc Jockey e son.(2018). Traballou como técnica de mesa e son, reporteira en Radio Arosa, Cadena SER, Vilagarcía de Arousa (2016). Dos seus traballos máis destacables son: operadora de cámara en directo e making of nos programas de Ou’Chuso, Xira ‘Bote ou que hai’ (2020). Operadora e axudante de cámara da longametraxe ’9 Fugas’ de Xas Films Estreo Mundial no LVIII Festival Internacional de Cinema de Xixón (2020) E directora de fotografía e operadora de cámara do documental ’Obra morta’ Estrea na IV Gala de Premios ‘Ostra de pedra’ (Vigo).

DIRECCIÓN DE ARTE: CELIA LÓPEZ (Ferrol 1995). Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Técnica superior en Iluminación captación e tratamento da imaxe, estudos que realizou na EAV Escola Audiovisual de Vigo. Os seus primeiros traballos no audiovisual foron a través da publicidade no departamento de produción como auxiliar en spots de Congo Producciones. Traballa no largo "O Corno do Cento" de Jaione Camborda e é dire. de arte de vídeos musicais como "Xeografías" de Sofía Espiñeiro. Traballa tamén para "A Previa" da CRTVG como axudante de arte e grafista.

COREOGRAFÍA: MARCIA VÁZQUEZ (1994) Bailarina, coreógrafa, pedagoga e xestora cultural. Comeza pola danza urbana en 2008, en 2016 decántase pola danza contemporánea. Forma parte da 3ª e 4ª xeración de La Faktoria Choreographic Center. Seleccionada pola Rede Acieloabierto en itinerarios formativos en 2019. O seu solo "Onde pousa a humidade" foi premiado no Certame DZM, así como foi seleccionada no Certame Internacional Masdanza 2022. Traballa en proxectos híbridos con variedade de artistas, no audiovisual os seus últimos traballos de videodanza "Neuronas a ceo aberto" e "Uholdeak", este último atópase en numerosos festivais de cinema. Actualmente está no remate da creación da súa peza longa "Vaivén". Marcia é unha artista inseparable do seu reivindicación persoal, corpo-comunidade, territorio-identidade.

SON DIRECTO: ALBA DOMINGUEZ (Meaño,1997) Gradúase en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo inclina os seus intereses cara á montaxe cinematográfica, editando pezas de ficción e non-ficción, e codirixe curtas experimentais como Lázaro, seleccionada en festivais como o IndieLisboa.Tamén está a completar a súa formación no Ciclo Superior de Son para Audiovisuais e Espectáculos, tendo realizado traballos como o son directo da curta documental Os Corpos, de Eloy Domínguez Serén, ou o deseño sonoro de curtas experimentais.

PRODUCIÓN DE SON (1º Capítulo) e B.S.O. O Rabelo, Petrowski, High Paw. LOCUCIÓNS (1º Capítulo): Isaac Torres coñecido como Peter Punk Pallaso.

GRAFISMO: Muller de 6 Ollos, PLAN DE COMUNICACIÓN: Laura Merchan, Javier Sánchez & CRUCREW.

B.S.O. Teaser MØU Feat High Paw, O Rabelo e Bea Saiáns.

crucrew.jpeg equipa-delirante.jpeg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Quality Education

    Obtaining a quality education is the foundation to improving people’s lives and sustainable development.

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Decent Work and Economic Growth

    Sustainable economic growth will require societies to create the conditions that allow people to have quality jobs.

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.

  • Partnerships for the Goals

    Revitalize the global partnership for sustainable development