O Dentón, un filme que leveda co fungo que nos conecta co mundo

Header image
Watch video
Gefinancierd op 25 / 04 / 2019
Gecofinancierd!
Ontvangen
€ 10.504
Minimum
€ 8.800
Optimum
€ 14.250
265 Co-financiers
Channel
  • Bijdragen € 10

    Faragulla

    · Moitas grazas! O teu nome aparecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/)
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 63 Co-financiers
  • Bijdragen € 25

    Codia

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto

    > 74 Co-financiers
  • Bijdragen € 35

    Miolo

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto
    · Podcast exclusivo cos mellores momentos do proceso creativo

    > 22 Co-financiers
  • Bijdragen € 45

    Chusco de pan

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Podcast exclusivo cos mellores momentos do proceso creativo
    · Postal coa ilustración deseñada para o proxecto do ilustrador Quico
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto
    (inclúe envío no ámbito estatal)

    > 36 Co-financiers
  • Bijdragen € 70

    Anaco de pan

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Podcast exclusivo cos mellores momentos do proceso creativo
    · Postal coa ilustración deseñada para o proxecto do ilustrador Quico
    · Bolsa cosida por Tuxa Cabuxa en Teo e deseñada por Illa Bufarda.
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto
    (inclúe envíos no ámbito estatal)

    > 18 Co-financiers
  • Bijdragen € 100

    Molete

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Podcast exclusivo cos mellores momentos do proceso creativo
    · Postal coa ilustración deseñada para o proxecto do ilustrador Quico
    · Bolsa cosida por Tuxa Cabuxa en Teo e deseñada por Illa Bufarda
    · Caderno deseñado na Illa Bufarda con fragmentos chave do filme
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto
    (inclúe envíos no ámbito estatal)

    > 21 Co-financiers
  • Bijdragen € 250

    Rosca

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Acceso a pase privado online
    · Podcast exclusivo cos mellores momentos do proceso creativo
    · Postal coa ilustración deseñada para o proxecto do ilustrador Quico
    · 1Kg fariña de centeo do País
    · Bolsa cosida por Tuxa Cabuxa en Teo e deseñada por Illa Bufarda
    · Caderno deseñado na Illa Bufarda con fragmentos chave do filme
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto
    (inclúe envíos no ámbito estatal)

    > 00 Co-financiers
  • Bijdragen € 500

    Fornada enteira

    · O teu nome parecerá na web do proxecto (https://odentondocumental.tumblr.com/) e nos créditos do filme documental
    · Acceso a pase privado online
    · Butaca reservada na estrea do filme
    · Podcast exclusivo cos mellores momentos do proceso creativo
    · Lámina coa ilustración deseñada para o proxecto do ilustrador Quico
    · 1Kg fariña de centeo do País
    · Bolsa cosida por Tuxa Cabuxa en Teo e deseñada por Illa Bufarda
    · Caderno deseñado na Illa Bufarda con fragmentos chave do filme
    · Informarémoste de tódalas novidades do proxecto
    (inclúe envíos no ámbito estatal)

    > 01 Co-financiers

About this project

Documental sobre o caruncho de centeo

Behoeften Taak Minimum Optimum
Gravación documental (equipo de 3 persoas)
Gravación do documental cun equipo de tres persoas (dirección, operadora de cámara e persoa técnica de son).
€ 7.200
Interpretación (pequenas partes ficcionadas)
Interpretación por actores e actrices profesionais de pequenas partes ficcionadas que se intercalarán no documental.
€ 2.600
Incorporación dunha cuarta persoa ao equipo de gravación
Incorporación dunha cuarta persoa ao equipo realizando labores de operador/a de cámara ou produción.
€ 2.600
Behoeften Infrastructuur Minimum Optimum
Transporte e dietas do equipo
Cobertura de custes de manutención, estancia e transporte das persoas tres persoas do equipo.
€ 1.200
Comisións
Custes adicionais derivados da produción do crowfunding a través da plataforma goteo.org e custes de comisións bancarias no caso da recadación mínima.
€ 400
Comisións
Custes adicionais derivados da produción do crowfunding a través da plataforma goteo.org e custes de comisións bancarias no caso da parte correspondente á recadación óptima.
€ 250
Totaal € 8.800 € 14.250
Noodzakelijk
Additioneel

General information

"O Dentón" é un filme documental sobre un fungo que nace no centeo e que tivo moita importancia na primeira metade do S.XX en Galiza. Levamos inmersas dende comezos do ano 2018 na investigación, documentación e guión do filme. Lanzamos esta campaña de micromecenado para conseguir financiamento e facer así posible a seguinte fase do proxecto: a rodaxe.

Esta longa documental decorre no fermento da curiosidade, pivota no noso cotiá como pobo e parte do escenario histórico e contextual de Galiza de mediados do século XX. Unha codia que garda un miolo saboroso e delirante. Unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época: a historia do dentón, tamén chamado caruncho do centeo.

Este fungo, que nace nas espigas do centeo, é o fío condutor da nosa historia. A orixe do caruncho do centeo está asociada cun alimento básico que forma parte da nosa alimentación tradicional: o pan. Ter a oportunidade de contar historias que nacen de algo tan próximo e familiar como é este cereal e o seu derivado fai que conectemos coa historia de inmediato. Non falamos de historias afastadas procedentes de selvas amazónicas, non. Falamos do centeo que medra ao carón das nosas casas e dos negocios que financiaron as economías familiares dos nosos avós e avoas e do que tan pouco fala e se sabe.

Esta historia de historias esparexidas e conectadas, un tanto esquizofrénicas por veces, déixanos o sabor amargo do pan de centeo de sempre, do pan con fariñas sen refinar, nesas fariñas da sabedoría popular nas que repousa a nosa historia que repercute traspasando os océanos. Desas historias das que aínda non somos de todo conscientes.

No filme priorízanse as testemuñas de tipo experiencial, aquelas persoas que entraron en contacto de primeira man con este fungo e aínda lembran as historias que o arrodeaban: por seren recolledoras, por temeren a praga do cereal, por comerciaren con el, por faceren uso del como abortivo, por empregalo para usos obstétricos nas casas, como alucinóxeno ou mesmo por telo presente no seu imaxinario popular.

O Dentón aglutina información en diversos campos de estudo académico: antropoloxía, teoloxía, farmacoloxía, botánica, economía, medicina... é un tema que consegue recolocarnos en moitos planos da vida: no social, nas economías familiares e tamén na oralidade, nas crenzas, na medicina tradicional e na sabedoría popular, que terá unha especial importancia ao longo do documental.

Dende que chegou á Illa Bufarda, o eco desta historia espertou as nosas ansias de saber, de coñecer máis sobre este pequeno fungo negro que incidiu tanto na nosa historia.

O volframio vexetal abriranos as portas.

A primeira fase deste proxecto está financiado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e conta co apoio do Museo do Pobo Galego, a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume.

Belangrijkste kenmerken

TEMÁTICA 360º

“O Dentón” é un filme que se abre coma un abano cheo de posibilidades e campos temáticos: antropoloxía, teoloxía, farmacoloxía, economía, medicina, botánica, obstetricia… o dentón é un fungo moi pequeno que se espalla en moitos ámbitos da vida.

EXPERIMENTACIÓN NA FORMA

En “O Dentón” hai unha liña moi difusa entre o estritamente documental e o territorio ficcionado. A peza entremistura as escenas destas dúas naturezas e permitímonos a intervención no devir do contado como exercicio experimental. Estará moi presente a linguaxe poética. O documental xogará coas referencias inconexas (música, literatura, material audiovisual xa gravado…) e a performance.

MÚSICA DE THEREMIN CO MODULADOR DE ONDAS

O documental contará coa música orixinal do Modulador de Ondas, proxecto creado por Paulo Pascual, compositor, thereminista e guitarrista. O seu primeiro LP “Planeta Theremin” foi publicado en novembro do 2018. A súa música conxuga dous instrumentos tocados por un só músico: a guitarra eléctrica e o theremin. O seu proxecto foi recoñecido por Theremin Today, unha web rusa administrada polo neto do inventor do instrumento, Peter Theremin, na cal se recollen os e as thereministas actuais con maior proxección internacional. O theremin foi, nos anos 60, un instrumento empregado por grupos que formaban parte da chamada música psicodélica, tamén na música contemporánea, jazz, experimental, en bandas sonoras de ciencia ficción e de suspense, etc. É un instrumento intanxible e máxico que funciona dun xeito totalmente electromagnético a partir dos movementos dos brazos e mans do intérprete.

CONSERVACIÓN DO NOSO RELATO

A avoa da nosa amiga Ana que comerciou co caruncho do centeo é unha fonte da nosa investigación á que xa lle fallan os recordos. Isto fíxonos pensar no tempo, na idade, na memoria e tamén en que estamos no momento preciso para non perder este relato histórico de primeira man. Algunhas outras testemuñas daquelas persoas que comerciaron co caruncho do centeo aínda están vivas e poden falar e contar. Pero por pouco tempo. A posibilidade de recuperarmos en voz das persoas protagonistas estas experiencias é un agasallo para o arquivo audiovisual galego ademais de ser unha contribución á nosa historia como pobo no mundo, como pobo conectado, aberto e cheo de recursos.

UNIVERSALIDADE DO RELATO

O fungo mouro é o leitmotiv para contarmos non só a nosa propia historia colectiva, se non tamén viaxarmos no espazo mundo e contar dende o noso prisma historias universais. Se nos pica a curiosidade do dentón e nos deixamos levar por el poderemos viaxar tamén no tempo que vai dende a Antiga Grecia ata os nosos días.

Este fungo faise protagonista tamén nun fito de especial importancia na industrialización galega da man da farmacéutica Zeltia no Vigo dos anos 30. Un dos primeiros logros da que agora é multinacional, foi comercializar un anticoagulante chamado Pan Ergot que procedía do dentón.

Non queda aquí a cousa, nos anos corenta, o químico suízo Albert Hofmann, que traballaba no laboratorio Sandoz, experimenta os efectos alucinóxenos dun dos principios activos do dentón. Isto é o que agora coñecemos como LSD.


«O ergot do centeo de maior calidade é o producido nas provincias do noroeste de España. Envíase en barco a Londres dende Vigo ou Lisboa e case todo é consumido no Estados Unidos». American Druggist, 1912, Revista de farmacoloxía.

SABEDORÍA POPULAR E SAÚDE DA MULLER

Moitas son as manifestacións literarias e artísticas que fan referencia á doenza do ergotismo ou Fogo Ardente. Esta enfermidade provocada pola inxestión do fungo ocasionou intoxicacións, episodios de alucinacións e nalgúns casos mesmo a morte. O fungo ten presenza na tradición popular a través de remedios, ditos, cancións, relatos e poemas.

Un dos usos conscientes e importantísimos deste fungo é o abortivo e tamén como facilitador dos partos e antihemorráxico. A sabedoría das parteiras e a medicina tradicional fanse presentes tamén da man do fungo neste filme.

CONTRIBUÍR Á DOCUMENTACIÓN

Son moi poucas as referencias audiovisuais que puidemos atopar arredor desta temática. Trátase dun tema descoñecido do que pouco se sabe e do que as novas xeracións nin sequera escoitamos falar. O dentón, inevitablemente, conecta coa importancia que tivo tamén o volframio en Galicia como recurso de exportación sobre o que se ten estudado e reflexionado máis e que serve para a contextualización dunha época. Podemos dicir que o tema do caruncho do centeo nunca foi abordado con prisma propio, dende a ollada documental e dun xeito tan envolvente.

graficos-goteo-2.jpg graficos-goteo-4.jpg graficos-goteo-06.jpg

Waarom is dit belangrijk

Nunha sobremesa dun día calquera, cando aínda as faragullas do pan do xantar repousaban sobre a mesa, saía na conversa o dentón. Ana, que aínda non xantara, entrou na cociña dicindo “Buah! Sabedes que? A miña avoa traficaba con LSD.” Esta testemuña provocounos risa, desconcerto e incredulidade. Ela sorriu, consciente da esaxeración e sabedora de que os usos do dentón que vendía a súa avoa eran outros ben diferentes. Nós decatámonos de que na afirmación da nosa amiga había moita, moita miga. A avoa de Ana vendera na zona das Pontes de García Rodríguez o fungo do centeo, chamado tamén dentón, caruncho ou gran de corvo. Seica gañaba moitos cartos.

Cando comezamos a preguntar aos nosos familiares, a pescudar na rede, en libros e a ver todas as conexións que este fungo propicia, o lévedo xa estaba no noso corpo para peneirar esta historia alucinante.

Este filme conecta con grupos xeracionais moi diversos, con persoas que de pequenas apañaran dentón, con persoas que descobren historias do pasado de familiares próximos ou con persoas que se interesan por acontecementos históricos ou por outros campos como o da ciencia, a botánica, a farmacoloxía e a antropoloxía.

As súas propiedades alucinóxenas fano un fungo moi interesante e que conecta escenas da historia moi distanciadas no tempo: os misterios eleusinos, as crenzas, as intoxicacións co pan, o seu comercio ou a sintetización posterior na droga do LSD.

dentonfoto.jpg 47323902-1922658084519481-2661219306343235584-o.jp

Team en ervaring

Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva somos as socias traballadoras da produtora creativa e audiovisual Illa Bufarda.

Dende o 2012 traballamos na produtora facendo múltiples traballos creativos multidisciplinares, sendo sempre a linguaxe audiovisual o centro no que pivotamos. En todo este tempo adquirimos experiencia na creación audiovisual, en todos os seus procesos, dende a idea á postprodución, tanto en formatos curtos como longos, sempre botando man de colaboracións profesionais para acadar un mellor resultado. Da Illa Bufarda saíron as longametraxes documentais “Fíos Fóra” (2015) e “Patrimonio Habitado” (2016). Tamén fixemos a mediametraxe “Aberto e con fume” (2017) e a curtametraxe “Isaac, editor da memoria” (2012) entre outras moitas e variadas producións.

O proceso de documentación deste proxecto documental conta con moita xente envolvida pois deuse un proceso aberto a través das redes sociais e no blog https://odentondocumental.tumblr.com/. Propiciamos dende o primeiro momento a participación activa de todas as persoas que estaban á nosa volta, tanto fisicamente como virtualmente, para achegarnos testemuñas, audios, fotografías, contactos, bibliografía... Este proceso aberto de busca axudou a crear unha comunidade interesada e involucrada neste futuro filme.

Para coñecernos mellor podes consultar a nosa web: www.illabufarda.gal

retoque-3.jpg karlom-juan.jpg esther-parteira.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.