Amantes da fotografía, a arte e/ou o coleccionismo, temos nova recompensa! Desde xa podedes facervos co “Tríptico de la señora de Bonaval” (2020), peza fotográfica da estupenda artista visual portuguesa Maria do Mar Rêgo realizada durante a súa residencia en Cuarto Pexigo. Asinada e numerada, forma parte dunha edición formada por tres exemplares e dúas probas de artista, na que a autora captura, a partir dos seus paseos e visitas polo antigo cemiterio de Bonaval, o pasado e presente que gardan as pedras de Compostela.
Mil grazas a Amaia Roldán Abadía por cedernos a obra para a campaña e colaborar, unha vez máis, de xeito xeneroso co #DelasFest.